Sinopsis de Floreano. Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en “Faro de Vigo” na súa sección “Floreano” organizadas en tres apartados: “De mulleres, chiñas, rubias e varios”, “De curas, monseñores e eminensias” e “De tasas, viños e loureiros”. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, “Floreano, My Way”, limiar de Alberto Avendaño, director de “Tiempo Latino”.”Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do “Faro de Vigo” e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (…)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.”Do limiar de Alberto AvendañoEste libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en “Faro de Vigo” na súa sección “Floreano” organizadas en tres apartados: “De mulleres, chiñas, rubias e varios”, “De curas, monseñores e eminensias” e “De tasas, viños e loureiros”. Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, “Floreano, My Way”, limiar de Alberto Avendaño, director de “Tiempo Latino”.”Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do “Faro de Vigo” e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (…)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano.”Do limiar de Alberto Avendaño
Floreano
Valorado con 0 de 5
Fecha de lanzamiento: 11-05-2017
Editorial: Edicións Xerais
Idioma: Gallego
Colección: OBRAS DE REFERENCIA – HUMOR GRÁFICO
Año de edición: 2017
Encuadernación: Tapa blanda
Número de páginas: 216
Alto: 14.5 cm
Ancho: 22.5 cm
Grueso: 2.1 cm
EAN: 9788491212171
19,90 € El precio original era: 19,90 €.18,90 €El precio actual es: 18,90 €.
Finaliza en:
Existencias
Sku:
9788491212171
Categorías: Cómics De Humor, Manga Y Cómics Etiquetas: Edicións Xerais, OBRAS DE REFERENCIA - HUMOR GRÁFICO MFG: 09/03/2025
Garantía en el Pago 100% Seguro

Productos Relacionados
9,95 € El precio original era: 9,95 €.9,45 €El precio actual es: 9,45 €.
- -5%
Tenkaichi: La Batalla Definitiva 3
9,95 € El precio original era: 9,95 €.9,45 €El precio actual es: 9,45 €.
- -5%
Mi Nueva Vida Como Villana 5. Todos Los Caminos Me Condenan
16,50 € El precio original era: 16,50 €.15,67 €El precio actual es: 15,67 €.
- -5%
Dracula (Monstruos De Universal)
32,95 € El precio original era: 32,95 €.31,30 €El precio actual es: 31,30 €.
- -5%
Valoraciones
No hay valoraciones aún.